O Museo do Pobo Galego do Futuro

Que gardaríamos hoxe para que dentro de 50 anos saiban como somos? A partir desta pregunta, o Museo do Pobo Galego propón ao alumnado dos centros escolares galegos unha experiencia para descubrir que hai detrás das pezas que se ven nun museo e, sobre todo, para reflexionar sobre como se decide que merece ser conservado, estudado e amosado.

Queres participar coa túa aula ou centro escolar? Preme no botón de abaixo para saber como: